En este momento estás viendo PROGRAMA DO BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS 2022

PROGRAMA DO BONO DAS PERSOAS AUTÓNOMAS 2022

1. Obxecto da convocatoria.

1.1. Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do
Programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, no
marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo.

1.2. Estas axudas quedan sometidas ao réxime de minimis. Isto implica que se deberá garantir
que, no caso de axudas a empresas, de recibir a persoa beneficiaria outras axudas baixo o réxime
de minimis non se supera o límite de 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais; para
as empresas do sector de transporte de mercadorías por estrada, este límite redúcese a 100.000
euros. Para as empresas do sector da pesca, as axudas de minimistotais que se concedan a unha
mesma empresa non poderán superar os 30.000 euros durante calquera período de tres
exercicio fiscais. Para as empresas do sector agrícola, o límite de minimis redúcese a 20.000
euros durante calquera período de tres exercicios. Para o cómputo dos límites deste réxime de
axudas terase en conta o concepto de «única empresa» establecida no Regulamento (UE)
1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013.

2. Persoas beneficiarias. Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

2.1. As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime especial de autónomos
ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan o domicilio fiscal en Galicia, que na data
da solicitude teñan unha antigüidade superior a 42 meses ininterrompidos na realización
efectiva dunha actividade empresarial ou profesional e que teñan un rendemento neto reducido
dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a
30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na declaración
referida ao ano 2020.

2.2. As sociedades de calquera clase e comunidades de bens con domicilio fiscal en Galicia e que
cumpran os seguintes requisitos:

a) Que na data da solicitude teñan unha persoa autónoma societaria cunha antigüidade
superior a 42 meses ininterrompidos na realización efectiva dunha actividade empresarial ou
profesional.
b) Que a empresa teña unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, na
declaración referida ao ano 2020.
c) Que a empresa teña unha base impoñible no imposto de sociedades da declaración
realizada referida ao ano 2020 inferior a 30.000 euros (segundo o recadro 552 do imposto de
sociedades). No caso de entidades que tributen en réxime de atribución de rendas, este
importe de 30.000 euros referirase ao rendemento neto reducido dos rendementos de
actividades económicas declaradas no IRPF da suma de todos os membros da sociedade ou
comunidade de bens.

2.3. Quedan excluídos desta orde:

a) Os familiares que, de maneira habitual, realizan traballos para persoas traballadoras
autónomas ou mutualistas de colexio profesional e que non teñan a condición de persoas
traballadoras por conta allea conforme o establecido no artigo 1.3.e) do texto refundido da
Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de
outubro.

b) As persoas que cobrasen a axuda do bono das persoas autónomas (procedemento
TR341Q) nalgunha das anteriores convocatorias.

3. Subvención do bono.

3.1. Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou
profesional das persoas beneficiarias desta orde, mediante pagamento anticipado, unha
subvención dun 80 % da actividade que se vaia subvencionar cun límite máximo de 3.000 euros
de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, e o resto do gasto será por conta da
persoa beneficiaria.

3.2. Esta axuda terá dúas liñas de actuación:

LIÑA 1. Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos:

  • Plan estratéxico do negocio.
  • Plan de reorientación do negocio.
  • Plan de refinanciamento.
  • Plan de márketing.
  • Plan de eficiencia enerxética.
  • Plan de biodiversidade.
  • Plan de comunicación do negocio.
  • Plan de transformación dixital.

Tamén se poderán subvencionar outros estudos e plans que teñan como fin aumentar a
competitividade da empresa.
Así mesmo, poderá ser computable como gasto subvencionable o pagamento do importe do
cofinanciamento privado dos servizos contratados co Igape a través do programa Re-Acciona na
súa convocatoria para o exercicio de 2021 e sucesivas por parte das persoas traballadoras
autónomas.

LIÑA 2. Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos: 

  • Compra de maquinaria.
  • Compra e/ou instalación para a mellora da eficiencia
    enerxética.
  • Investimentos para a substitución de combustibles
    fósiles ou materiais críticos ou escasos.
  • Compra de utensilios e ferramentas.
  • Reforma do local do negocio.
  • Equipamento informático.
  • Equipamento de oficina e/ou negocio.
  • Rótulos.
  • Aplicacións informáticas, páxinas web, apps e redes
    sociais.
  • Deseño de marca.

Na solicitude de axudas, as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos
servizos e investimentos que as configuran. O importe máximo que se pode percibir por ambas
as liñas é de 3.000 €.
No caso de reforma do local do negocio, exclúese da axuda o domicilio habitual da persoa
traballadora autónoma, excepto no caso en que quede acreditado que é imprescindible para o
desenvolvemento da actividade do negocio.

4. Prazo para a presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 14 de xaneiro de 2022 e remata o 14 de
febreiro de 2022.

5. Solicitudes.

5.1. As solicitudes presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do
formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas
presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa
presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da
solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación
e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e
clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

5.2. A Rede de técnicos de emprego de Galicia da Consellería de Emprego e Igualdade poderá
prestar asistencia efectiva ás persoas solicitantes para garantir que aquelas que carecen de
medios para relacionarse telematicamente coa Administración poidan presentar no rexistro
electrónico a solicitude referente a este procedemento, de acordo co previsto no artigo 13.b)
da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións
públicas, e co establecido no artigo 10.1.a) da Lei de administración dixital de Galicia.

6. Orzamentos.

6.1. As subvencións reguladas nesta orde para o exercicio económico de 2022 financiaranse, no
caso das axudas da liña 1, cun crédito de 500.000 euros, e no caso das axudas da liña 2, cun
crédito de 7.500.000 de euros, tal e como figuran no proxecto de Lei de orzamentos xerais da
Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia,
na súa reunión do día 18 de outubro de 2021, e no marco do Plan de recuperación,
transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea, NextGenerationEU.

6.2. A concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito
orzamentario adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión. De ser o caso, e
de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,
publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo
Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

6.3. A distribución provincial de créditos para o financiamento das axudas e subvencións
previstas será directamente proporcional ao número de autónomos dados de alta en cada
provincia en 31 de decembro de 2020, de acordo coa seguinte porcentaxe: A Coruña, 40%; Lugo,
15%; Ourense, 11%, e Pontevedra, 34%.
No caso de que o crédito asignado a unha provincia sexa superior ao número de solicitudes
presentadas, de xeito que exista remanente orzamentario, realizarase unha repartición
proporcional deste entre as provincias restantes en función do número de solicitudes.

6.4. Poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles para esta convocatoria. O
incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como
consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de
remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos
incluídos no mesmo programa.

8. Ligazóns relacionadas.

Programa de promoción do emprego autónomo 2022: https://www.asesoriamiramontes.es/programa-de-promocion-do-emprego-autonomo-2022/

Orde das bases e convocatoria:
Diario Oficial de Galicia
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211230/AnuncioG0599-291221-0003_gl.html

Base de datos nacional de subvencións. Código: 602746 https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/index

Sede Electrónica. Solicitude e información:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR341

Esta entrada tiene un comentario

Deja una respuesta